Máis de 200 estudantes demostran as súas dotes de oratoria e debate en Lugo co apoio da Xunta

Lugo, 3 de abril de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na inauguración do Torneo Lugo Debate, no que competirán ata o sábado máis de 200 estudantes de Secundaria, Bacharelato e Universidade de toda Galicia.

Arias felicitou aos promotores, a asociación Más Debate, e aos mozos e mozas participantes, “por involucrarse nesta experiencia que enriquecerá as súas habilidades de  oratoria e a capacidade de traballar en grupo”, unhas competencias “que lles van ser útiles no futuro en calquera faceta da súa vida”.

O torneo comezou hoxe na Facultade de Ciencias e finalizará o sábado na Delegación Territorial da Xunta, que acollerá as finais. As competicións de debate son por equipos e en dúas categorías, Secundaria e Bacharelato; mentres que os discursos son individuais e contan cunha terceira categoría aberta a universitarios. A Xunta colabora coa actividade e facilita aloxamento aos participantes no complexo residencial xuvenil LUG II. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/04/2025