Un total de 20.422 persoas concorrerán ás oposicións de Educación da Xunta este ano

As probas desenvolveranse a partir do 21 de xuño en diferentes localidades da xeografía galega, que se concretarán nas vindeiras semanas

O obxectivo é consolidar Galicia como a Comunidade con mellor interinidade docente de España e seguir mellorando as rateos profesor-alumnos

Santiago de Compostela, 10 de abril de 2025

Un total de 20.422 persoas concorrerán ás oposicións de Educación deste ano 2025 segundo a listaxe provisional de admitidos publicado no Portal Educativo. Son un total de 1.664 prazas as convocadas, case o 86%, de novo ingreso, o que supón o máximo do 120% da taxa de reposición permitido pola lei, é dicir, cóbrense 120 postos por cada 100 baixas.  As probas desenvolveranse a partir do 21 de xuño en diferentes localidades, que se concretarán nas vindeiras semanas.

A maior parte das prazas, un total de 1.424, son de ingreso libre, mentres que 10 son para o acceso ao corpo de inspectores de educación e outras 230 para que mestres que forman parte xa do sistema poidan acceder ao un posto como profesores de Secundaria.

Por corpos, no de mestres hai 426 prazas en oito especialidades, e no de profesores de ensino secundario, 918 en 33 especialidades. Pola súa banda, hai 80 prazas en oito especialidades no corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP e 10 para inspectores de educación. En canto á promoción interna, hai 230 prazas en 32 especialidades.

O obxectivo é consolidar a estabilidade do piar do sistema educativo público, o profesorado, consolidando Galicia como a Comunidade con mellor interinidade docente de España e mellorando as ratios nun contexto de redución do alumnado. A través da promoción interna permite, ademais, o avance na carreira profesional.

A relación de inscritos por corpos e especialidades é a recollida nas seguintes táboas.

 

Corpo de mestres

426 prazas, oito especialidades, 8.948 inscritos:

Especialidade

Prazas

Inscritos

Educación infantil

79

2253

Lingua estranxeira: Inglés

53

654

Lingua estranxeira: Francés

32

256

Educación Física

26

516

Música

21

312

Pedagoxía Terapéutica

40

1749

Audición e Linguaxe

53

989

Educación Primaria

122

2219

Corpo de profesores de ensino secundario

918 prazas, 33 especialidades, 10.512 inscritos:

Especialidade

Prazas

Inscritos

Filosofía

22

210

Grego

5

61

Lingua castelá e literatura

40

630

Xeografía e historia

40

892

Matemáticas

51

613

Física e química

31

556

Bioloxía e xeoloxía

25

598

Inglés

104

1025

Portugués

5

51

Educación física

43

587

Orientación educativa

15

327

Tecnoloxía

58

611

Lingua e literatura galega

77

513

Economía

26

272

Administración de empresas

10

201

Construcións civís e edificacións

8

110

Formación e orientación laboral

45

557

Hostalaría e turismo

10

123

Informática

62

163

Organización e xestión comercial

20

191

Organización e proxectos de fabricación mecánica

10

92

Procesos na industria alimentaria

10

170

Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos

10

125

Procesos sanitarios

10

354

Procesos e medios de comunicación

10

176

Sistemas electrónicos

10

21

Sistemas electrotécnicos e automáticos

15

85

Instalacións electrotécnicas

20

83

Oficina de proxectos de construción

8

147

Procesos de xestión administrativa

26

310

Servizos á comunidade

10

373

Sistemas e aplicacións informáticas

62

159

Equipos electrónicos

20

37

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da FP

80 prazas en oito especialidades, 788 inscritos:

Especialidade

Prazas

Inscritos

Cociña e pastelaría

17

174

Estética

5

100

Mantemento de vehículos

19

176

Mecanizado e mantemento de máquinas

15

55

Patronaxe e confección

5

40

Peiteado

7

82

Produción de artes gráficas

5

70

Servizos de restauración

7

91

Acceso ao corpo de Inspectores de Educación

Especialidade

Prazas

Inscritos

Inspección Educativa

10

87

 

Acceso do Subgrupo A2 ao Subgrupo A1 ao corpo de profesores de ensino secundario

230 prazas en 32 especialidades, 87 inscritos:

Especialidade

Prazas

Inscritos

Filosofía

6

2

Lingua castelá e literatura

12

 

Xeografía e historia

11

3

Matemáticas

14

7

Física e química

8

2

Bioloxía e xeoloxía

6

 

Inglés

27

1

Portugués

1

11

Educación física

10

20

Orientación educativa

4

22

Tecnoloxía

15

 

Lingua e literatura galega

20

3

Economía

6

 

Administración de empresas

2

 

Construcións civís e edificacións

2

 

Formación e orientación laboral

12

2

Hostalaría e turismo

3

1

Informática

15

 

Organización e xestión comercial

4

 

Organización e proxectos de fabricación mecánica

2

 

Procesos na industria alimentaria

2

 

Procesos diagnósticos clínicos e produtos ortoprotésicos

2

 

Procesos sanitarios

2

1

Procesos e medios de comunicación

2

 

Sistemas electrónicos

2

 

Sistemas electrotécnicos e automáticos

4

 

Instalacións electrotécnicas

5

 

Oficina de proxectos de construción

2

1

Procesos de xestión administrativa

6

 

Servizos á comunidade

3

11

Sistemas e aplicacións informáticas

15

 

Equipos electrónicos

5

 

Data de actualización: 10/04/2025