Fabiola García felicitou ao Grupo Hotusa por poñer en marcha políticas sociais de empresa que melloran a calidade de vida do seu persoal
2025-04-17
/documents/35297/1673483/20250417+ConselleiraAudienciaHotusa.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 17 de abril de 2025
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha xuntanza de traballo co director xeral da Área Turística do Grupo Hotusa, Alberto Barredo, na que lle trasladou os seus parabéns por unha longa e destacada traxectoria de traballo enfocada nas políticas sociais e integradoras.
A conselleira puxo en valor o traballo do Grupo Hotusa e sinalouno como un exemplo na implantación de medidas para mellorar a calidade de vida do seu persoal. Deste xeito, trasladoulle o compromiso do Executivo galego para seguir colaborando e avanzando neste eido.
Departamento:
C. de Política Social e Igualdade
Data de actualización: 17/04/2025