Javier Arias mantén un encontro con Rubén Fernández e Daniela Guillén, que xa adestran en Lugo para o Gran Premio de España de Motocross

Lugo, 24 de abril de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo un encontro cos pilotos Rubén Fernández e Daniela Guillén, que durante a xornada de hoxe adestran no circuíto Jorge Prado para o Gran Premio de España de Motocross, que se celebrará nestas instalacións os vindeiros 10 e 11 de maio. 

O piloto galego de Honda Rubén Fernández e a catalá Daniela Guillén figuran entre os favoritos para facerse co título mundial na MXGP -principal categoría masculina- e a  WMX -categoría feminina-, respectivamente.

A Xunta de Galicia é o principal patrocinador local da proba lucense, incluída no calendario do campionato mundial. Ao respecto, o delegado lembrou que o retorno económico desta cita está cifrado nuns 4 millóns de euros. “Acollemos un espectáculo deportivo de primeiro nivel, co que iso supón de visitantes, dinamización económica, repercusión en medios e promoción turística”, subliñou.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/04/2025