Arias comproba os preparativos do FIV de Vilalba, que arranca este venres co apoio da Xunta de Galicia
Vilalba (Lugo), 24 de abril de 2025
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe o avance dos últimos preparativos no recinto que acollerá o FIV 2025, que se celebra este venres e sábado co apoio da Xunta de Galicia.
Arias destacou o impulso á economía local que supón o festival de música, “que atrae cada ano a milleiros de visitantes e contribúe a potenciar a oferta turística e cultural de Vilalba e da provincia”. Lembrou que o Goberno galego cede as instalacións do CEIP Ínsua Bermúdez para unha das zonas de acampada, e promove ademais a inclusión de bandas galegas no cartel, “co ánimo de darlle visibilidade ao talento galego en citas estratéxicas como é o FIV”.
O Festival Independente de Vilalba, que nesta edición acada a maioría de idade, abrirá as súas portas este venres 25 ás 19.00 horas, con Rapariga DJ encargada da apertura e de dar continuidade ás sesións. Ese mesmo día actuarán Adrián Timms, Joe Crepúsculo, Varry Brava, The Rapants e Galician Army. O programa do día 26 inclúe as actuacións da Banda de Música de Vilalba, Hydn, Grande Osso, o Karaoke FIV Stars, Leria, León Benavente, Shinova, Cycle e Juancasupersub DJ Set.