A Xunta salienta o seu compromiso coa formación como factor clave de impulso do sector forestal

Coristanco (A Coruña), 13 de maio de 2025

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, clausurou este mediodía a primeira sesión da asemblea do Consello Europeo de Capacidades Forestais e Ambientais (Efesc, polas súas siglas en inglés), que se desenvolveu no Centro de Promoción Rural-EFA Fonteboa, na localidade coruñesa de Coristanco.

Neste acto, Chan explicou aos participantes, procedentes de diferentes países de Europa, a realidade e perspectivas de futuro do sector forestal galego. Fixo ademais fincapé na importancia do Plan Forestal de Galicia (PFG) como folla de ruta deste eido produtivo e salientou que a Xunta, no marco deste documento de planificación, concede unha importancia especial á formación e capacitación do persoal como un dos eixos clave do desenvolvemento sectorial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/05/2025