Xosé Merelles destaca a aposta da Xunta pola promoción nacional e internacional de Galicia na que enmarca tamén a proposta de Barbanza Arousa
2025-05-13
/documents/35297/1705186/20250513+P%C3%A9FotoXornadaArousaBarbanza.jfif?version=1.0&imagePreview=1
Rianxo (A Coruña), 13 de maio de 2025
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou esta tarde en Rianxo na mesa redonda ‘A promoción turística do destino’, organizada pola Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa. Durante a súa intervención, Xosé Merelles puxo en valor o plan de promoción de Turismo de Galicia que prevé un investimento ese ano de 13M€ en 130 accións en 30 mercados nacionais e internacionais.
O director de Turismo de Galicia eloxiou o traballo que se vén facendo desde a Mancomunidade de Municipios Barbanza Arousa e salientou os atractivos e recursos turísticos desta zona que contribúen á proposta de turismo sostible e de calidade que persegue a Xunta de Galicia na súa Estratexia de Turismo 2030.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 13/05/2025