Lorenzana visita en Baiona a XVII edición do Mercado de Arte Sabarís

Baiona (Pontevedra), 17 de maio de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a XVII edición do Mercado de Arte de Sabarís, en Baiona, onde expoñen as súas obras para a venda máis de 60 pintores, escultores e fotógrafos, locais, tanto consolidados como noveis.

O certame, organizado polas asociacións de comerciantes e empresarios de Sabarís e do Val Miñor, Coemsa e Ovalmi, en colaboración co Concello de Baiona e Abanca, celébrase desde o venres 16 de maio ata o domingo 18, con entrada gratuíta e inclúe, ademais, un programa de actividades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 17/05/2025