O 061 de Galicia asistiu 65 persoas por 54 accidentes de tráfico durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 16 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de maio, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 68 chamadas por accidentes de tráfico
A Estrada (Pontevedra), 19 de maio 2025
Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana 65 persoas debido a 54 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende desde as 15,00 horas do venres, 16 de maio, ata as 23,59 horas do domingo, 18 de maio. O sábado foi o día que rexistrou máis sinistros, con 22 accidentes de tráfico.
A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en Galicia, recibiu nestes días 68 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 54 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atendeu un total de 65 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 62 % e do 38 %, respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase que o 28 % dos atendidos tiña entre 20 e 34 anos.
Por provincias, A Coruña foi a que máis sinistros rexistrou con 20 accidentes de tráfico durante os desprazamentos destas datas.
|
Provincia |
Accidentes |
|
A Coruña |
20 |
|
Lugo |
10 |
|
Ourense |
5 |
|
Pontevedra |
19 |
|
Galicia |
54 |
Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 71. Así, as ambulancias asistenciais de soporte vital avanzado asistiron en dous accidentes, as ambulancias asistenciais de soporte vital básico asistiron en 59 sinistros e os equipos sanitarios de Atención Primaria que completan a dotación das ambulancias asistenciais de soporte vital básico do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en 10 accidentes.
En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente e unha persoa faleceu no punto.