A Xunta informa de que o 112 Galicia e o 061 prestan servizo con normalidade pese aos problemas derivados de causas alleas ao servizo
A actualización da rede de fibra intelixente da compañía provocou desde a madrugada incidencias nas chamadas desde móbiles desta compañía a centros 112 e de atención sanitaria de toda España
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2025
A Xunta informa de que no 112 Galicia e a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 continúase prestando servizo con normalidade, aínda que nalgúns casos foi necesario realizar chamadas de volta a persoas que presentaban dificultades para comunicarse debido aos problemas derivados de causas alleas ao servizo e provocados por unha actualización de Telefónica na súa rede de fibra intelixente (NGN).
A partir das 04,00 horas iniciouse esta actualización, o que causou problemas nas chamadas desde móbiles desta compañía aos centros 112 e de atención sanitaria de toda España que operan con dita rede.
O 112 Galicia atópase en contacto permanente con Telefónica, que informa sobre a evolución desta incidencia.
Neste momento, como medida de continxencia, o 112 Galicia ten enrutadas as chamadas entrantes a través doutro operador podendo dar servizo a usuarios con practicamente normalidade.