Diego Calvo asiste ao acto de exaltación das Meigas das Fogueiras de San Xoán da Coruña no que se concedeu un dos premios anuais ao Presidente da Xunta
2025-05-22
/documents/35297/1714013/20250521PremiosSanXoan.jpg?version=1.0&imagePreview=1
O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, asistiu esta tarde na Coruña xunto á delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, á LIII Festa do Aquelarre Poético, un acto de exaltación da Meiga Maior e as Meigas de Honra das fogueiras de San Xoán da Coruña. No marco deste evento, a Asociación de Meigas Hogueras de San Juan fixo entrega dos seus premios anuais San Xoán, entre os que destaca o recoñecemento ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, pola súa traxectoria, co premio anual Rei Alfonso IX.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 22/05/2025