Belén do Campo felicita a “La Voz de Galicia” no 25 aniversario do lanzamento da súa edición dixital
2025-05-22
/documents/35297/1714013/image0.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 22 de maio de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiu, esta tarde, ao acto conmemorativo do 25 aniversario do lanzamento da edición dixital de La Voz de Galicia. A representante do Goberno galego felicitou ao equipo deste xornal por ser pioneiro na transformación dixital da prensa en Galicia e por manter, ao longo de dúas décadas e media, un firme compromiso coa información veraz, rigorosa e de proximidade.
A Xunta de Galicia quixo sumarse así a esta efeméride que pon en valor a traxectoria dun medio centenario que soubo reinventarse para seguir sendo un referente informativo apostando pola innovación sen renunciar ao seu compromiso coa cidadanía.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 22/05/2025