Medio Rural estuda vías de colaboración co concello lucense de Castro de Rei
2025-05-23
/documents/35297/1714016/20250523ConseCastrodeRei.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 23 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse esta mañá co alcalde da localidade lucense de Castro de Rei, Francisco Balado. Nesta xuntanza estudáronse diferentes vías de colaboración entre ambas entidades, co obxectivo de avanzar na mellora das infraestruturas viarias deste municipio, a mobilidade de terras e a dinamización social das contornas rurais do concello.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 23/05/2025