A Xunta e o concello de Vilamarín abordan a mellora das infraestruturas rurais deste municipio ourensán
2025-05-24
/documents/35297/1714016/20250523_cons_MR_alcalde_Vilamarin_1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 23 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, e polo delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta tarde unha xuntanza co alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez. O encontro, que se celebrou na sede da Delegación territorial da Xunta, serviu para avanzar, entre outros asuntos, na colaboración entre o Goberno galego e este Concello ourensán en materia de mellora de infraestruturas rurais.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 24/05/2025