A Xunta e a Secretaría de Estado de Turismo supervisan os proxectos europeos en materia turística que se executan en Galicia
2025-05-26
/documents/35297/1724987/20250527+PeFotoSeguimentoProgramasEuropeos.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 26 de maio de 2025
O director de Turismo e Galicia, Xosé Merelles, participou esta mañá xunto con responsables da Secretaría de Estado de Turismo nunha das reunións de seguimento e supervisión da execución de programas europeos que se están a desenvolver en distintos puntos do territorio galego. Estas iniciativas están cofinanciadas pola Unión Europea, a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia.
As reunións de traballo discorreron este luns e continuarán mañá martes cos equipos técnicos dos plans territoriais de desenvolvemento de destino de Muros-Noia; Condado Paradanta; Ribeira; Sanxenxo; A Guarda; Mar de Santiago; O Grove; Barbanza Arousa; Betanzos e Vigo.
Departamento:
Axencia de Turismo de Galicia
Data de actualización: 26/05/2025