O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación do ‘XI Ourense Vinis Terrae’
Ourense, 27 de maio de 2025
O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo, participou esta mañá na presentación do XI Ourense Vinis Terrae que se desenvolverá o 2 e 3 de xuño no recinto feiral de Expourense.
O Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade celebrará a súa undécima edición consolidado como o único salón exclusivamente profesional e destinado aos viños autóctonos. De carácter bienal, contará coa participación de importadores e compradores de 18 países que terán a oportunidade de coñecer as últimas colleitas das adegas expositoras, todas elas adscritas ás cinco Denominacións de Orixe presentes, sendo 4 delas da provincia de Ourense (Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra e Valdeorras). A estas únense a D.O. Rías Baixas, e as IXP de Viños de Galicia como Val do Miño e Betanzis. Nesta edición contará coa participación de 47 expositores.