Pantón acolle os días 20 e 21 de xuño unha nova edición do Festival ‘Trece Roeis’ co patrocinio da Xunta

O delegado territorial, Javier Arias, participou na presentación do cartel, que conta con 16 bandas e artistas como Ilegales ou Sés

Pantón (Lugo), 28 de maio de 2025

Pantón acollerá os días 20 e 21 de xuño o Festival Trece Roeis, que conta un ano máis co patrocinio da Xunta. O delegado territorial, Javier Arias, participou hoxe na presentación xunto co alcalde, José Luis Álvarez; representantes da asociación Os Trece Roeis, promotores do evento; e membros doutras entidades implicadas.

Dezaseis bandas e artistas galegos e nacionais integran o cartel desta edición, formado por  Ilegales, Sés, Dakidarría, Sínkope, Radiocrimen, Trashtucada, Caamaño & Ameixeiras, Montedapena, Linaje, Gin Toni’s, Rastreros, Laura DSK, Festicultores Troupe, Leo de Matamá, Brais das Hortas e Baturruka.

Ademais das actuacións e concertos, o festival contará cunha feira de artesanía, presentacións literarias, catas de viños da Ribeira Sacra, degustacións gastronómicas, obradoiros e actividades infantís, entre outras propostas.

Arias felicitou á asociación Os Trece Roeis polo “éxito crecente” desta iniciativa, que favorece a chegada de multitude de visitantes a Pantón atraídos pola oportunidade de desfrutar de dous días de música en directo e da oferta lúdica e cultural complementaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/05/2025