Lorenzana visita algúns dos establecementos que participan na XIV edición do Sanxenxo Degusta Tapas

Sanxenxo (Pontevedra), 31 de maio de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, acompañada polo alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, visitou hoxe algúns dos establecementos que están a participar na XIV edición do Sanxenxo Degusta Tapas e que este ano acada o récord de participación con 28 establecementos e un total de 44 tapas.

Esta edición que ten lugar desde o 16 de maio ata o 1 de xuño, supón unha oportunidade única para coñecer a cociña local xa que os establecementos que participan son variados o que garante unha experiencia gastronómica moi completa. Así, os visitantes poden desfrutar dunha variada oferta culinaria con sabores tradicionais e creativos, votar polos seus favoritos e participar en sorteos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/05/2025