A Xunta apoia unha nova edición do descenso do Miño que organiza o club de piragüismo Cidade de Lugo

Lugo, 3 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á presentación da 68 edición do Descenso Internacional Copa Miño, que organiza o club de piragüismo Cidade de Lugo e conta co apoio do Goberno galego.

A proba desenvolverase o sábado día 7, a partir das 17,00 horas, con saída na ponte Medieval de Rábade e chegada á ponte Romana de Lugo, logo de 17,5 quilómetros de percorrido. Arias subliñou o poder de convocatoria desta cita, “que tanto pola súa antigüidade como por espectacularidade está consolidada como un referente no calendario nacional”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2025