A Xunta apoia unha nova edición do Maratón de Fútbol Sala que se disputa esta fin de semana en Castroverde

Lugo, 3 de xuño de 2025

A Xunta de Galicia colabora co XVIII Maratón de Fútbol Sala que terá lugar en Castroverde entre os días 6 e 8 de xuño. María García e Borja López, presidenta e vicepresidente respectivamente do club organizador, o Castroverde FS, informaron hoxe dos detalles nun acto no que participou o delegado territorial de Lugo, Javier Arias.

Mañá péchase o prazo de inscrición da que se prevé unha das edicións con máis equipos inscritos, procedentes de distintos puntos da provincia. Os partidos xogaranse no pavillón municipal da Ferrería.

Arias felicitou ao Castroverde FS por “impulsar un ano máis este torneo e por promover durante todo o ano o deporte base entre os rapaces e rapazas da comarca” a través dos sete equipos que o integran e da escola de fútbol sala. Ao respecto, subliño “a boa campaña” que están a desenvolver, con mención especial aos benxamíns que veñen de proclamarse campións provinciais da Copa da Federación.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2025