A Xunta felicita a Lucas Yánez e Unai Cereijo polos seus éxitos na Copa do Mundo de patinaxe artística na localidade italiana de Trieste

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu a ambos patinadores, aos que tamén desexou sorte na final da Copa do Mundo desta semana en Reggio Emilia (Italia) ou nos Campionatos Mundiais que se celebrarán en Pequín en outubro

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu hoxe aos patinadores galegos Lucas Yáñez e Unai Cereijo polas súas medallas nas series da Copa do Mundo celebradas o pasado maio na localidade italiana de Trieste, no marco do circuíto de probas internacionais de patinaxe artístico. Lucas Yáñez acadou medalla de bronce na categoría absoluta e Unai Cereijo prata na categoría júnior.

Diego Calvo trasladoulles que son “un orgullo para Galicia” como referentes neste deporte como así o avalan os seus éxitos levando a patinaxe galega ao máis alto. No caso de Lucas Yáñez felicitouno polos triunfos acadados nas categorías inferiores ata dar o salto á absoluta e de Unai Cereijo resaltou que, precisamente, segue os pasos do seu compañeiro desde a categoría júnior.

O conselleiro animounos a seguir sumando fitos para o deporte galego e desexoulles ánimo e sorte de cara as próximas competicións como a final da Copa do Mundo que se está a celebrar en Reggio Emilia (Italia), así como os Campionatos Mundiais de Patinaxe Artístico previstos para outubro na capital chinesa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/06/2025