A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén un encontro de traballo co alcalde de Boqueixón

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Boqueixón, Ovidio Rodeiro.

Nesta reunión, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións en materia de urbanismo e mobilidade, de interese para este municipio.

Allegue subliñou a aposta da Administración autonómica pola colaboración cos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/06/2025