Belén do Campo visita o buque de asalto anfibio da Mariña italiana, San Giorgio, atracado no porto da Coruña
2025-06-18
/documents/35297/1744561/20250618_belen_barco_1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 18 de xuño de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou nos actos oficiais organizados pola Mariña Militar Italiana no buque de asalto anfibio San Giorgio, atracado no peirao de Calvo Sotelo no porto da Coruña, desde o pasado luns e ata mañá xoves. A recepción contou tamén coa asistencia do Consul Honorario de Italia, Francesco Milani.
Este barco, botado en maio de 1985, ten como principal misión o desprazamento de infantería e vehículos. Pode transportar ata 350 soldados e 30 vehículos, como os de asalto anfibio e, aínda que non posúe un hangar para aeronaves, si conta cunha cuberta de voo para helicópteros.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 18/06/2025