Lugo acolle mañá o I Torneo Internacional de Campións do Atlántico e Norte de Portugal que organiza o Emevé co apoio da Xunta

Participan as seleccións femininas española e portuguesa Sub 21 de voleibol, xunto ao club anfitrión e o CV Ourense 

Lugo, 27 de xuño de 2025

O I Torneo Internacional de Campións do Atlántico e Norte de Portugal organizado polo Club Voleibol Emevé celébrase mañá – 28 de xuño – no pavillón municipal de Lugo co patrocinio da Axencia de Turismo de Galicia.

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, e a presidenta da entidade deportiva, Bibí Bouza, presentaron hoxe o encontro, que contará coas seleccións española e portuguesa femininas Sub21 xunto co club anfitrión e o CV Ourense.

O torneo comezará pola mañá despois dos adestramentos das dúas seleccións. Haberá un cuadrangular entre os equipos participantes e a partir das 18,00 horas disputarase a final e entregaranse os trofeos.

Arias agradeceu o labor do Emevé por atraer a Lugo “eventos deportivos deste nivel, que axudan a promocionar dende a nosa cidade o voleibol galego e o deporte feminino da máxima categoría”. 

As xogadoras da selección española chegaron a Lugo a principios desta semana, no marco da súa preparación para a competición europea. Nestes días compartiron adestramentos co Emevé.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/06/2025