Arias asiste á inauguración da reforma da igrexa de San Martiño de Carballido, en Lugo, na que a Xunta investiu máis de 115.000 euros

Lugo, 27 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu hoxe ao acto organizado pola Diocese de Lugo para inaugurar a reforma da igrexa parroquial de San Martiño de Carballido, no municipio da capital. O Goberno galego destinou a esta actuación un total de 115.140 euros, a través da Axencia Turismo de Galicia.

A Xunta renovou por completo a cuberta do templo para resolver o problema de filtración de humidades que rexistraba e que supoñía un risco para a conservación dos elementos interiores. Ademais melloráronse as paredes do interior da igrexa e limpouse a fachada con medios non agresivos para eliminar a vexetación.

Arias subliñou a aposta da Administración autonómica pola conservación e a posta en valor do patrimonio histórico e cultural. Lembrou ademais que a igrexa de San Martiño de Carballido se atopa no trazado do Camiño Primitivo e rexistra unha importante afluencia de peregrinos durante todo o ano, especialmente nos meses de primavera e verán. 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/06/2025