Arias destaca a aposta da Xunta pola innovación na graduación da terceira promoción de Robótica do Campus de Lugo

Lugo, 28 de xuño de 2025

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, felicitou ao alumnado da terceira promoción do grao de Robótica do Campus Terra, que celebrou hoxe a súa graduación. “Sodes o resultado de sumar talento e esforzo, e deixades patente que Lugo e Galicia teñen capacidade de formar profesionais altamente cualificados”, afirmou.

Ao respecto, lembrou a “aposta decidida” da Xunta e da USC pola innovación e pola conexión entre universidade e empresa, “que permite que a formación teña un impacto real na contorna”.

Arias destacou que a Xunta reforza cada ano os recursos destinados á ciencia e ao talento investigador. Para 2025, este compromiso tradúcese nunha achega de máis de 61  millóns de euros en contratos pre e posdoutorais, con 175 novas prazas, e 29 millóns  dirixidos a grupos de investigación, ou no lanzamento de convocatorias específicas como ‘Galicia Investiga Igualdade’, dotada con 1,1  millóns para apoiar dez axudas predoutorais con estancias no estranxeiro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/06/2025