Galicia e Portugal reforzan a súa coordinación en materia de defensa contra incendios forestais

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2025

Responsables da Autoridade Nacional de Emerxencias e Protección Civil de Portugal (Anepc) coñeceron esta semana o Centro de Coordinación Central de loita contra incendios forestais da Xunta de Galicia en San Lázaro. 

O director rexional desta entidade, Carlos Alves, e o comandante subrexional de Arcos de Valdevez, Marco Domínguez, percorreron estas instalacións en compañía do director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, quen puxo en valor este tipo de encontros para reforzar a coordinación en materia de prevención e extinción de lumes entre as autoridades lusas e galegas. Nesta mesma liña, cómpre lembrar a existencia da base aérea de Verín-Oímbra como infraestrutura transfronteiriza de referencia na loita contra os incendios forestais.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/07/2025