Extinguido o incendio do concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio

O lume afectou finalmente 45 hectáreas de superficie, todas elas de monte raso 

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2025

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio, quedou extinguido ás 20.07 horas de hoxe.

O lume iniciábase ás 06.16 horas do pasado venres e afectou finalmente unha superficie de 45 hectáreas, todas elas de monte raso. Para a súa extinción mobilizáronse en total 2 técnicos, 12 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 2 unidades técnicas de apoio, 8 helicópteros e 1 avión.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.

 

Data de actualización: 06/07/2025