A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Paderne de Allariz

Santiago de Compostela, 8 de xullo de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe en San Caetano unha reunión de traballo co alcalde de Paderne de Allariz, Manuel Pérez.

Na xuntanza, á que tamén asistiu a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas en Ourense, Pilar Fernández León, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións de interese para este concello, de xeito especial en materia de infraestruturas.

O Goberno galego continúa prestando a súa colaboración aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/07/2025