María José Gómez resalta a importancia da formación para o futuro do rural na graduación da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da USC
2025-07-12
/documents/35297/1771289/20250712ConseMRGraduacionUSC.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 12 de xullo de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou hoxe na graduación dunha nova promoción de alumnos da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría da Universidade de Santiago de Compostela (USC) no Campus de Lugo, onde salientou que o Goberno galego aposta pola formación co obxectivo de que os traballadores do sector primario se incorporen ao mercado laboral cun alto nivel de profesionalidade.
Neste sentido, a conselleira cualificou a esta nova xeración de enxeñeiras e enxeñeiros como “algúns dos protagonistas” do futuro do rural galego. Ademais, María José Gómez animounos a traballar en conxunto para seguir construíndo un rural vivo, coidado, con calidade e innovador.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 12/07/2025