A Xunta entrega ao Concello de Viveiro un local situado na rúa Rosalía de Castro
2025-07-13
/documents/35297/1771292/130725+Local+Viveiro.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Viveiro (Lugo), 13 de xullo de 2025
A Xunta vén de entregar un local propiedade do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) ao Concello de Viveiro.
Trátase dun espazo de 33,5 metros cadrados situado nun inmoble da rúa Rosalía de Castro da localidade. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, formalizaron a entrega, que se fai en réxime de alugamento.
Arias puxo en valor a colaboración entre a Xunta e as entidades locais para mellorar os servizos públicos que prestan no ámbito municipal.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 13/07/2025