O delegado territorial da Xunta mantivo unha reunión cos representantes da Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense

Ourense, 18 de xullo de 2025

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá na Delegación Territorial con representantes da Asociación Provincial de Graniteiros de Ourense (APG), encabezada polo seu presidente, Odilo Rodríguez, onde lles animou a seguir traballando para que o granito ourensán siga sendo unha referencia tanto nacional como internacional.

No encontro, o delegado territorial destacou o papel fundamental que ten este sector para a Xunta a prol do desenvolvemento económico e sustentable de Galicia, e salientou as vantaxes do granito  fronte a outros produtos como os sintéticos.

Data de actualización: 18/07/2025