Medio Rural reúnese coa IXP Ribeiras do Morrazo para fortalecer a colaboración e poñer en valor os seus viños

Pontevedra, 21 de xullo de 2024

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, mantivo hoxe un encontro cos representantes da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Ribeiras do Morrazo, dado o papel fundamental que desempeñan na produción e promoción dos produtos vitivinícolas galegos.

A reunión tivo como obxectivo poñer en valor os viños desta IXP e afondar na colaboración entre a Consellería do Medio Rural e as adegas que a integran. Os viños Ribeira do Morrazo, tanto tintos como brancos, elabóranse exclusivamente con uvas procedentes dos viñedos situados nos municipios que forman parte desta indicación protexida.

A maiores, na reunión analizouse coas seis adegas que integran a IXP a introdución de cambios no seu prego de prescricións técnicas en relación con rendementos e características analíticas dos viños amparados pola Indicación, todos eles consensuados por unanimidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/07/2025