A consellería do Medio Rural pon en valor a calidade da carne da IXP Vaca Galega-Boi Galego

Guntín (Lugo), 22 de xullo de 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, participou hoxe en Guntín nunha xornada de exaltación da carne de boi rubio galego, onde puxo en valor a calidade destes produtos amparados pola Indicación Xeográfica Protexida Vaca Galega-Boi Galego.

O acto, celebrado con motivo da festividade do 25 de xullo, estivo organizado por Asador Gonzaba e Florencio Sanchidrián, coñecido como Embaixador Mundial do Xamón Ibérico, e serviu para resaltar a importancia da raza autóctona Rubia Galega. A xornada contou cunha visita á finca de Grupo Gonzaba, onde pacen unha vintena de bois libremente, e tamén cunha degustación de pratos elaborados con carne de boi rubio galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/07/2025