O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade, Perfecto Rodríguez, visitou esta mañá o centro
A Xunta mellora a climatización e aforro enerxético da escola infantil pública autonómica de Vilaboa
Destináronse preto de 16.000 euros a esta actuación, que evitará que o interior do inmoble acade altas temperaturas no verán e reducirá o consumo da calefacción no inverno
Vilaboa (Pontevedra), 27 de agosto de 2025
A Xunta mellora as condicións térmicas da escola infantil de Vilaboa, pertencente á rede pública autonómica, coa instalación dun novo sistema de climatización que redundará no confort do persoal e nenos usuarios do centro e, ademais incrementará a eficiencia enerxética. O xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, visitou hoxe o centro, acompañado do alcalde do concello, César Poza.
Perfecto Rodríguez explicou que esta intervención evitará que o interior do inmoble acade altas temperaturas durante os días de calor e tamén reducirá o consumo no sistema de calefacción no inverno. O ente autonómico financiou con preto de 16.000 euros a esta actuación, que executou e contrato o Concello.
O xerente do Consorcio enmarcou esta mellora nas actuacións que ao longo do verán se levan a cabo nas escolas infantís da Xunta de Galicia para acondicionalas de cara ao inicio do novo curso, que terá lugar o día 5 de setembro.