A Xunta felicita ao instituto Castro Alobre no 50 aniversario da primeira promoción do bacharelato unificado
Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 29 de agosto de 2025
A Xunta de Galicia sumouse hoxe á celebración do 50 aniversario da primeira promoción do Bacharelato Unificado Polivalente (BUP) do Instituto Castro Alobre, en Vilagarcía de Arousa. O director xeral de Centros e Recursos Humanos, Jesús Álvarez, participou no acto conmemorativo e subliñou “a importancia deste centro como referente educativo na comarca, capaz de crear comunidade e de seguir ofrecendo unha formación de calidade que contribúe a construír o futuro de Galicia”.
A efeméride reuniu a antigos alumnos, docentes e equipos directivos que, xuntos, compartiron recordos arredor daquela primeira promoción. O encontro serviu, ademais, para render homenaxe ao alumnado e docentes reflexionar sobre a evolución da educación ao longo destas cinco décadas, así como sobre a capacidade do centro para adaptarse aos novos tempos e continuar formando xeracións cunha preparación de calidade.