O Servizo Galego de Saúde convoca 2.195 prazas en diversas categorías de persoal estatutario de xestión e servizos e de sanitario de formación profesional

A Administración sanitaria oferta 784 prazas en diferentes categorías de persoal de xestión e servizos e outras 1.411 para persoal sanitario de formación profesional

O prazo de inscrición para participar no proceso comeza o 5 de setembro e remata o 6 de outubro

Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica na súa edición de hoxe as convocatorias do concurso-oposición para o ingreso en diversas categorías de persoal de xestión e servizos e de persoal sanitario de formación profesional.

O Servizo Galego de Saúde oferta un total de 2.195 prazas, das que 784 corresponden a diversas categorías de persoal de xestión e servizos e 1.411 corresponden a diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

No que atinxe á quenda de acceso para as persoas con discapacidade intelectual, ofértase un total de 90 prazas, das cales 47 corresponden a diversas categorías de persoal de xestión e servizos e 43 corresponden a diversas categorías de persoal sanitario de formación profesional.

O total de prazas ofertadas, desagregadas por categoría e quenda, sería o seguinte:

Estamento

Categoría

Acceso libre

Promoción interna

Discapacidade

Discapacidade intelectual

Xestión e servizos

Grupo auxiliar da función administrativa

84

100

8

8

Persoal de servizos xerais

100

118

8

10

Celador/a

135

174

10

29

Sanitario de formación profesional

Técnico/a en coidados auxiliares de enfermaría

558

653

55

40

Técnico/a en farmacia

12

19

4

3

Técnico/a superior en imaxe para o diagnóstico

29

34

4

0

As persoas que desexen participar no proceso selectivo deberán cubrir unha única solicitude de participación por categoría, a través da Oficina Virtual do Profesional (FIDES/Expedient-e/Procesos/OPE).

O prazo de inscrición para participar no proceso comeza o 5 de setembro e remata o 6 de outubro de 2025.

As persoas que participen neste proceso selectivo deberán posuír, na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes e na toma de posesión como persoal estatutario fixo, os requisitos recollidos na resolución da convocatoria.

Os méritos que se terán en conta na fase de concurso son os recollidos no Anexo IV da convocatoria e valoraranse con referencia ao día inmediatamente anterior, inclusive, ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes poden dirixir todas as dúbidas e consultas relacionadas cos procesos selectivos ás Unidades de Validación, ás Oficinas de Información de cada Centro ou ao enderezo de correo electrónico: oposicions@sergas.es.

Preto de 5.000 prazas xa convocadas en 2025

No que vai de ano o Servizo Galego de Saúde publicou a convocatoria de procesos selectivos para 58 categorías de persoal estatutario e un total de 4.998 prazas.

Os ditos procesos selectivos mediante o sistema de concurso oposición inclúen, ademais das categorías publicadas no Diario Oficial de Galicia de hoxe, a categoría de enfermería con 1.980 prazas, diversas especialidades de facultativo especialista de área con 426 prazas, diversas especialidades de enfermeiro/a especialista con 260 prazas, persoal informático superior e de formación profesional con 23 prazas e 57 de traballador/a social.

Antes de que remate o presente ano, está previsto que se convoquen procesos selectivos para diversas categorías de xestión e servizos e outro persoal sanitario.

Data de actualización: 04/09/2025