A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo coa alcaldesa de Porqueira

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo coa alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez Dorado.

Na xuntanza, que tivo lugar en San Caetano e á que asistiu tamén a directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Pilar Fernández León, a conselleira e a rexedora abordaron actuacións en materia de urbanismo.

O departamento que dirixe María M. Allegue continúa prestando a súa colaboración aos concellos para impulsar intervencións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/09/2025