Miguel Corgos e Belén do Campo asisten á celebración da festividade da Virxe do Rosario, patroa da cidade da Coruña
A Coruña, 7 de outubro de 2025
O Conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos e a delegada da Xunta, Belén do Campo, asistiron hoxe á celebración da festividade da Virxe do Rosario, Patroa da Coruña, que tivo lugar no templo conventual de Santo Domingo.
A xornada incluíu unha eucaristía solemne, presidida polo arcebispo emérito de Santiago, Julián Barrio, e á posterior procesión, que reuniu a representantes de institucións civís e militares, así como a numerosos fieis coruñeses.
A delegada da Xunta salientou a relevancia desta festividade, fondamente enraizada na tradición e identidade da cidade, e puxo en valor o seu significado como expresión da devoción popular e da unión da veciñanza arredor da súa patroa.
A Virxe do Rosario foi proclamada Patroa da Coruña no século XVII, tras a vitoria da cidade fronte á Armada inglesa en 1589, acontecemento que a tradición atribúe á súa intercesión. Desde entón, cada 7 de outubro, a cidade celebra unha das súas festas relixiosas máis arraigadas, mantendo vivo un vínculo histórico, cultural e espiritual que forma parte esencial da identidade coruñesa.