A Xunta colabora coa escudaría Miño na organización do Rally San Froilán, que se celebra esta fin de semana

Lugo, 14 de outubro de 2025

A Xunta de Galicia colabora coa organización do Rally San Froilán, que se celebrará esta fin de semana coa participación de arredor de 150 vehículos. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, sinalou hoxe durante a presentación que a Secretaría Xeral para o Deporte achega soporte económico mediante un convenio coa escudaría Miño como entidade organizadora.

Tamén se involucrará un ano máis o CIFP As Mercedes. Alumnado do ciclo superior dual de Automoción especializado en vehículos de competición realizará parte das asistencias dos vehículos. Ao respecto, Arias destacou tamén a implicación de alumnas que visibilizan o talento feminino no sector do motor, tradicionalmente masculinizado. Igualmente, instalarase no parque pechado -na Horta do Seminario de Lugo- o simulador de Fórmula 1 deseñado e construído no propio centro educativo.

Esta 47 edición do rally conta con preto de 100 quilómetros cronometrados, distribuídos en catro treitos diferentes que discorren polos concellos de Outeiro de Rei, O Corgo, O Páramo, Sarria e Samos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/10/2025