A Xunta destaca o traballo dos peritos xudiciais e dos colexios profesionais e a necesidade de manter unha formación continua neste colectivo
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participa na inauguración do ‘Curso de peritos xudiciais 2025’, organizado pola Asociación Profesional de Peritos Xudiciais Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia
Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2025
O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe no Curso de peritos xudiciais 2025 organizado pola Asociación Profesional de Peritos Xudiciais Aparelladores e Arquitectos Técnicos de Galicia, unha cita consolidada que, como sinalou, contribúe a que o sector manteña unha formación continua fundamental para actualizar e intercambiar os coñecementos ante os constantes cambios na actualidade a nivel lexislativo e xurisprudencial.
Nesta liña, José Tronchoni agradeceu o labor dos colexios profesionais e, en particular, dos peritos xudiciais, e incidiu na necesidade de incidir na formación continua co obxectivo de mellorar a calidade dos seus informes técnicos e periciais e ditames sobre a normativa que lles afecte.
Así, recoñece o labor de auxilio xudicial que estes colectivos están a prestar asesoramento en asuntos cada vez máis complexos que chegan aos tribunais e que requiren de coñecementos científicos, técnicos e prácticos para poder realizar unha correcta valoración das circunstancias que se presenten. Por ese motivo, é preciso contar con profesionais obxectivos e expertos coñecedores das materias á hora de tomar decisións.