A conselleira María Martínez Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde dos Blancos
2025-10-22
/documents/35297/1887473/251022_Blancos_x-1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 22 de outubro de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde dos Blancos, José Manuel Castro.
No encontro, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de urbanismo, de interese para este municipio.
O Goberno galego continúa prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica da zona.
Departamento:
C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
Data de actualización: 22/10/2025