A Xunta contribuirá ao labor da Fundación Rof Codina con 440.000 € en 2026

Lugo, 23 de outubro de 2025

O secretario xeral de Universidades, José Alberto Díez, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participaron hoxe na 62ª reunión do Padroado da Fundación Rof Codina. Nesta cita, anunciáronse os novos membros do Padroado e levouse a previsión do peche do exercicio 2025 así como a previsión de orzamento para o ano 2026.

Os representantes do Goberno galego puxeron en valor o labor desta entidade e o seu compromiso coa docencia, a investigación e a asistencia sanitaria. Neste sentido, destacaron o apoio da Xunta de Galicia coa entidade, á que a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP destinará en 2026 un total de 440.000 € para apoiar o seu traballo o longo do ano. Este respaldo favorece o desenvolvemento do Hospital Veterinario Rof Codina, un centro de referencia dentro e fóra da Comunidade, que contribúe, ao mesmo tempo, a prestixiar a Facultade de Veterinaria de Lugo, un modelo a nivel nacional e recentemente recoñecida tamén como unha das 75 mellores do mundo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/10/2025