O delegado da Xunta participa na inauguración da electrolinera situada nas instalacións de CLUN en Ribadeo

Ribadeo (Lugo), 29 de outubro de 2025

O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe en Ribadeo na inauguración da electrolinera posta en marcha por Iberdrola BP Pulse nas instalacións da cooperativa CLUN na Devesa.

Arias valorou a entrada en funcionamento desta nova dotación con cargadores ultrarrápidos, “que amplía a oferta de servizos nun punto estratéxico de comunicacións na A Mariña e achega novas oportunidades de negocio a nivel local”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/10/2025