A Xunta reafirma en Vilagarcía de Arousa a súa aposta polos mercados excelentes no marco da iniciativa ‘Cociña de culler’ da Federación de prazas de abastos

Vilagarcía de Arousa (Pontevedra), 30 de outubro de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, asistiu hoxe en Vilagarcía á iniciativa Cociña de culler, organizada pola Federación de prazas de abastos de Galicia e apoiada pola Xunta. Visitou, así, no mercado arousán os distintos negocios asociados co gallo de impulsar as compras de produtos de proximidade para a elaboración dos pratos típicos desta época do ano.

O director xeral aproveitou a acción para confirmar que —no marco do Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030— consolidaranse o ano que vén iniciativas a prol das prazas de abastos como as destinadas a fomentar a súa certificación como Mercados Excelentes, promovendo a rehabilitación dos edificios ou instalacións e a súa dinamización cun orzamento de preto de 4,5 millóns de euros.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/10/2025