O seguimento da folga de técnicos superiores sanitarios acada o 57,55 % na sanidade pública galega

Na quenda de mañá, o seguimento da folga nas sete áreas sanitarias foi do 57,70 %

Nas entidades sanitarias como a Axencia Galega de Doazón, Galaria e a Fundación de Medicina Xenómica, o seguimento foi do 52,94 %

O grao de cumprimento dos servizos mínimos marcados foi total

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2025

O seguimento da folga de técnicos superiores sanitarios convocada polo sindicato estatal correspondente acadou na quenda desta mañá o 57,55 % nos centros sanitarios da comunidade galega.

Así, a porcentaxe de participación nas sete áreas sanitarias do Servizo Galego de Saúde acadou o 57,70 %.

Pola súa banda, en entidades sanitarias como son a Axencia Galega de Doazón de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS), a empresa pública de servizos sanitarios Galaria e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica a porcentaxe de seguimento da folga foi do 52,94 %.

O grao de cumprimento dos servizos mínimos marcados foi do 100 %.

A Xunta seguirá traballando para ofrecer unha atención óptima a toda a cidadanía e para acadar as mellores condicións laborais para o conxunto de profesionais da sanidade pública.

Data de actualización: 04/11/2025