Lorenzana visita a 1ª edición de Coruñart, a I Feira das industrias culturais e creativas

A Coruña, 8 de novembro de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, asistiu hoxe á primeira edición de Coruñart, a I Feira das industrias culturais e creativas que se celebra no mercado de San Agustín, na Coruña, cunha ampla oferta de actividades de balde.

O programa recolle concertos, obradoiros literarios, talleres de estampación de prendas, e conta coa participación de decenas de artistas e empresas do sector cultural galego que van presentar os seus traballos ao público asistente.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/11/2025