María José Gómez destaca a relevancia dos produtos locais a prol do desenvolvemento económico do rural

Begonte (Lugo), 8 de novembro de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, asistiu hoxe a unha xornada de promoción organizada no concello de Begonte para poñer en valor os recursos naturais e humanos da zona da Reserva da Biosfera Terras do Miño, a través do impulso do emprendemento rural, a mellora das explotacións agrícolas e gandeiras e a sustentabilidade ambiental. Alí destacou a relevancia dos produtos locais a prol do desenvolvemento económico do rural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/11/2025