A delegada territorial da Xunta en Ferrol asiste esta tarde no centro cultural Torrente Ballester á inauguración da exposición 'El Arsenal Militar. La obsesión por el orden académico'

Ferrol, 13 de novembro de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no centro cultural Torrente Ballester á inauguración da exposición El Arsenal Militar. La obsesión por el orden académico, unha mostra de ilustracións conformada por 18 paneis e case 80 debuxos da autoría de Juan Antonio Rodríguez Villasante Prieto coa que se conmemoran os 250 anos da construcción do Arsenal. O acto contou tamén coa presenza do alcalde da cidade, José Manuel Rey Varela, o almirante do Arsenal, Vicente Rubio Bolívar e o comisario da exposición Santiago García, entre outras autoridades.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 13/11/2025