A conselleira Allegue mantén unha reunión de traballo co alcalde de Portomarín

Lugo, 4 de setembro de 2026

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe unha reunión de traballo co alcalde de Portomarín, Pablo Rivas.

Neste encontro, que tivo lugar na delegación territorial da Xunta en Lugo e no que tamén participou o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro, a conselleira e o rexedor abordaron vías de colaboración para levar a cabo actuacións de humanización de infraestruturas no municipio.

A Xunta segue prestando apoio aos concellos para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/09/2026